|
|
|
Empate na cumbre
Gran encontro o de hoxe no que se firmaron táboas entre o C.P. Casás e os "Campesiños da muralla", primeiro e segundo na táboa respectivamente,
Partido marcado pola falta de salud dos nosos xogadores debido os excesos sufridos durante as festas do noso patrón, San Froilan, que despois de copas, concertos, polbos, polvos, discusións, risas,etc... non nos permitíu facelo noso mellor xogo, pero si amañar un puntiño ante ó lider que tampouco nos ven nada mal.
Agora toca recuperalas pernas de tanta patadiña que recibimos, coller aire e concentrarnos na nosa seguinte cita, que será o próximo sábado.
Enviada o 13/10/2007
|
Camiñando cara o curuto da táboa
Estando segundos na táboa neste intre esperannos dous partidos clave na nosa carreira ó primeiro posto. O primeiro este sábado día 13 contra o actual lider, e o segundo o sábado 20 contra o que neste momento atopasé no terceiro posto.
Confiamos en saír airosos destas dúas citas, pero ás baixas, e os compromisos sociais nocturnos de seguro pasarán factura o rendemento do equipo, pero de seguro que saberemos sobrepoñernos.
Enviada o 09/10/2007
|
O terceiro na fronte
Un novo partido e unha nova victoria dos campesiños da muralla. A este ritmo ninguén vai querer xogar connosco. De novo intratables con un 5 a 1, intratables por goles, aínda que non tanto por xogo, pero demoslle tempo, que a calidade e o sacrificio haberlo hailo, o caso é aprender a usalo.
Enviada o 01/10/2007
|
Seguimos gañando
Nova victorios dos campesiños da muralla o sábado, esta vez por un 2-4. Partido complicado no que non lucimos o noso mellor xogo, pero que con gran esforzo conseguimos meternos no peto.
Agora a centrarnos no terceiro partido nunha semana. A ver se os folgos non nos abandonan, estamos máis acertados no xogo e podemos colocarnos como líderes este martes.
Enviada o 30/09/2007
|
Primeiro partido
"Campesiños da muralla" ha xogado o seu primeiro partido de liga onde venceu por 16 a 1 o equipo "Rolling Stones".
O partido víuse marcado pola lesión dún dos xogadores de "Rolling Stones" que non puido continuar co partido, quedando so 4 integrantes no equipo. Nese momento xa estaba sentenciado o encontro, pero seguramente o resultado non sería tan abultado se non se dese esa situación.
Boas vibracións tras este primeiro partido, e xa temos as olladas no seguinte, que nos enfretará co equipo "Radio Record" no Palomar.
Enviada o 29/09/2007
|
Comenzamos a nosa andanza
O clube de futbol sala "campesiños da muralla" comeza a súa andadura polas pista da capital lucense
Enviada o 28/09/2007
|
|